Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 08/08/22
08/08/2022
30:03
Despois de 4 días correndo pola cara sur da serra do Barbanza Medio Rural da por estabilizado o incendio que arrasou máis de 2 mil hectáreas de catro concellos. Os seus rexedores e veciños abordan xa a revisión de danos e diantan que se unirán pra pedir axudas
Hai outros danos máis dificiles de ver. A Fundación Animalista Franz Weber estima que nos lumes deste ultimo mes morreron uns 40 mil animais, e reclaman a prohibición da caza na contorna dos lumes pra permitir sanar ó ecosistema. Un hóspede recente dos montes galegos, o oso pardo, perderá parte do seu alimento, pero non se teme que afecte á súa expansión.