Galicia Informativos   Crónica Galicia - 08/09/2021 08/09/2021 44:22

A Xunta abre xornadas pra vacinación sen cita previa: este sábado para a toda a poboación que aínda non se inmunizou nos puntos habituais, e o luns e martes nos sete campus universitarios.
Así o ven de anunciar o presidente da Xunta que da por superado o pico desta quinta onda da pandemia. Núñez Feijóo tamén explicou o protocolo que regulará a apertura dos establecementos de hostalaría: desde o 15 de setembro haberá dous niveis, independentemente da situación epidemiolóxica dos concellos.

Estabilizados, pero non extinguidos, os dous incendios que calcinaron en Ribas de Sil e Quiroga 1.600 hectáreas.
En Quiroga levan dous días sen comunicacións telefónicas polos danos do lume, e reportan mortes de corzos e outra fauna salvaxe

O BNG vai pedi-la creación dunha comisión de investigación polo valeirado de encoros. Ana Pontón pensa que se puido cometer un delito de prevaricación pra favorecer ás eléctricas.

A CIG-Ensino e a Confederación Anpas Galega denuncian o recorte de profesores para este curso. A consellaría destaca a contratación de 1.250, pero o sindicato nacionalista aclara que son contratos a media xornada.

Uns 20 mil traballadores e un cento de empresas da automoción están afectados pola escaseza de compoñentes. Moitas delas están aplicando xa expedientes de regulación de emprego. Sindicatos e patronal piden que se impulsen fábricas locais de compoñentes.

A primeira novela moderna publicada en galego hai 140 anos volve á vida. Esta tarde preséntase no Teatro Principal da localidade pontevedresa da Estrada unha nova edición deste título: "Maxina ou a filla espuria", de Marcial Valladares.
 

Galicia Informativos
Más opciones