Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/09/2023 08/09/2023 44:45

Primeiras reaccións ó anuncio da xunta de modificar as normas de habitabilidade co fin de que miles de baixos baleiros pasen a ser vivendas. As sensacións son boas aínda que desde o sector inmobiliario cren que debería haber máis garantías para que os baixos se destinen a aluguer, que é o que escasea. E evitar así que pasan a usarse como segundas vivendas ou como residencias temporais para turistas especialmente en grandes cidades.

Tampouco o ven mal os comerciantes. Pensan que é unha boa solución para as rúas menos transitadas, as que acumulan máis baixos sen actividade. Eles prefiren traballar nas zonas céntricas

- Enfrontamento entre socialistas e PP na Deputación de Pontevedra.

O actual Goberno acusa de despilfarro ó anterior executivo de coalición; o PSOE sinala que o actual presidente convertiu a institución nunha sucursal da Xunta.

- Barbadás e Ourense únense pra demandar á Xunta un transporte metropolitano.

Nos próximos días os rexedores solicitaran unha reuniion de traballo co goberno autonómico á que convidaran a asistir todos os alcaldes da comarca

- Comisións Obreiras tamén se sumará ás mobilizacións no ensino se a conselleira non negocia a reducción da xornada pra o profesorado.

A tres días do comezo do curso este sindicto critica que se eliminen 54 unidades e 72 postos de traballo nas etapas de infantil e primaria.

- En Vigo, acto de apertura do curso universitario.

O reitor Manuel Reigosa reivindicou a rendabilidade do investimento que se realiza na universidade... dixo que non hai que ve-lo como un gasto

Galicia Informativos
Más opciones