Milleiros de familias cumpriron hoxe cun rito que da comezo á normalidade invernal, logo das vacacións do verán. Os nenos, e non tan nenos, regresaron hoxe ás aulas coa satisfación da volta á normalidade tras dous cursos marcados pola pandemia. Neste a novidade é a nova lei educativa, que non se notará demasiado. De feito, a Xunta non implantará os coordenadores de benestar, pra loitar contra o acoso escolar. Di o conselleiro que esa función xa está cuberta polos equipos de orientación
- Nova protesta das traballadoras do Consorcio galego de benestar.
Est mañá mobilizáronse ante a escola infantil de Eirís na Coruña en desacordo co procedemento posto en marcha pra estabilizar o emprego neste organismo dependente de Política Social.
- Os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións o próximo día 30.
Fano en defensa da permanencia da pastiera na ría de Pontvedra. Agora mesmo a fábrica está parada debido a escaseza de auga.
- Novos paros en Stellantis pola falta de microchips.
A factoría de Vigo comunicou os traballadores a suspensión da actividade industrial dos dous sistemas de produción na xornada do sábado e no sistema 2 no turno de noite deste domingo.
- A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aproba a petición das familias do Villa de Pitanxo
Debaterá este mesmo mes de outubre sobre a necsidade de realizar unha investigación independente, á marxe da xudicial, do naufraxio