Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 08/10/22
08/10/2022
30:06
Hoxe é o día. O sector pesqueiro galego sae á rúa en Ribeira para protestar contra o veto europeo á pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico. A cita, a partir das sete, a só unhas horas de que entre en vigor o novo regulamento.
Protesta tamén este mediodía en Santiago das traballadoras sociosanitarias de axuda a domicilio.
Polo demais, a consellería de Sanidade avisa de que segue a repuntar a pandemia e apela a vacinarse coa dose de reforzo. Anuncia unha suba de máis do 50 por cento no orzamento de vacinación pro vindeiro ano.
E a voltas de novo cos orzamentos estatais, con declaracións de tódolos líderes políticos.
No tempo da entrevista hoxe falamos con Mofa e Befa