Amplia-la base electoral é o obxectivo do BNG para romper a hexemonía do PP en Galicia.Tra-la primeira reunión da nova executiva, Ana Pontón, fixo fincapé na necesidade de dirixirse a un cidadán máis transversal que o votante clásico do Bloque.
Gonzalo Caballero, que dentro dun mes deixará a secretaría xeral do PSdeG, insiste en continuar como voceiro no Parlamento. Di que é o mandato que lle outorgaron os votantes nas pasadas eleccións autonómicas. De momento, no pleno que comeza mañá, Caballero terá un novo cara a cara con Feijóo.
No Porriño, a marca local de Esquerda Unida comezará esta semana a negociar co PP unha posible moción de censura contra a alcaldesa socialista. Esqueda Unida adianta que non avalará a iniciativa aínda que critica ó BNG e ó PSOE por non atallar a crise no concello.
O programa Música en Salas que inclúe 135 concertos nun total en 19 escenarios toda Galicia. Unha acción na que participarán 115 bandas e solistas para tratar de recuperar na recta final do ano un sector dos máis prexudicados pola pandemia.
O tempo. pola tarde vai estar máis despexado e con temperaturas máis altas.