Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 08/11/22
08/11/2022
44:38
Achégase o 20 aniversario da catástrofe do Prestige, e a plataforma Nunca Máis, que encabezou a loita de toda a sociedade, cre que houbo avances. O barco hoxe nunca tería sido alonxado, grazas ás normas que esixen gardalo nun porto refuxio. Porén, non cren que o risco rematase: na profundidade, o barco garda aínda máis de mil toneladas de fuel. Cren que cómpre revisalo, e facer un estudo das consecuencias a día de hoxe desta catástrofe. Porque aínda hai chapapote no fondo e no litoral mariños.