Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/11/23 08/11/2023 43:49

Os últimos datos demográficos rompen co tópico de Galicia como comunidade emigrante. Xa son máis os que chegan que os que marchan, ainda que haberá que agardar varios anos para coñecer se o impacto da inmigración contribúe a frear o avellentamento

Terceira xornada de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta. Son dúas mil profesionais dun servizo considerado esencial que levan cos soldos conxelados dende 2021. Reclaman o desbloqueo do convenio

Os usuarios dos servizos de oncoloxía do Clínico de Santiago reclaman aumentos de persoal no servizo. Denuncian esperas de horas para recibir tratamento, ou usuarios sen o seguimento axeitado tras un trasplante de médula ósea

A illa de Tambo reforestarase con especies autóctonas e abrirase ó público un dos areais. Medidas do novo plan de usos da illa, que inclúe a rehabilitación de edificións para darlle uso sociocultural

No tempo, hoxe atravesa Galicia unha fronte que está a deixar nubes e chuvias

Galicia Informativos
Más opciones