Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 08/12/21 08/12/2021 29:54

Valentín González Formoso chama a todo o partido a unirse pra recuperar peso no mapa electoral galego, co reto das elecións municipais de 2023 e as vindeiras autonómicas sinalado no seu calendario. Inicia o seu mandato ofrecendo acordos de país en materias coma emprego, servizos públicos ou industria...

O Sergas notificou nas últimas horas 8 falecementos por Covid.
Só un corresponde á última xornada, pero xunto cos que xa se notificaran estes días, a cifra de mortos dende o inicio do mes ascende a 19. Son os mesmos que en todo o mes de novembro.

Stellantis asegura o 80% da sua demanda futura de microchips cun acordo cunha firma taiwanesa. Un acordo a medio prazo pra evitar os problemas que está a causar a crise global de subministros, causa principal do novo ERTE que está a negociar para o ano que ven.

Un 40 por cento dos pisos de aluguer turístico están sen regularizar. O éxito desta alternativa de aloxamento na Comunidade, como se puido comprobar nesta ponte festiva, fai que cada día se incorporen máis propiedades. O mercado inmobiliario galego tamén sofre, por esta causa, de falta de oferta de pisos.

A chegada do AVE provoca desaxustes no tren convencional Os usuarios denuncian a supresión de frecuencias e cambios de horario que farán máis difícil chegar ó traballo ou ás clases. Reclaman ante RENFE e a Valedora do pobo.


- No tempo, segue a alerta naranxa no mar por ondas de ata 8 metros, e amarela por neve nas montañas de Lugo e Ourense.

Galicia Informativos
Más opciones