Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/01/24 09/01/2024 44:48

Ecoloxistas en Acción e Podemos presentan denuncias contra a armadora propietaria do buque Toconao. Cren que se produciu un delito contra o medio ambiente e os recursos naturais. Ecoloxistas pide que se deposite unha fianza de 10 millóns de euros

Os socialistas galegos aprobarán esta tarde no comité nacional as suas listas pro 18 de febreiro. José Ramón Gómez Besteiro será o número 1 por Lugo, coa alcaldesa da cidade, Lara Méndez de segunda. Todo apunta a 3 mulleres pras outras provincias

A máscara será obrigatoria nos centros sanitarios dende mañá. Os colectivos médicos cren que pode ser unha ferramenta en picos de demanda. Tamén a posibilidade das autobaixas pra procesos cortos, ainda que cómpren, din medidas de control

Os armadores galegos esperan un cambio na decisión do arxentino Javier Milei de cambiar as normas pesqueiras. Está en xogo o futuro de case cen barcos de sociedades mixtas galego-arxentinas e uns 400 millóns de euros anuais

Galicia Informativos
Más opciones