Primeiro foi un acoitelamento con resultado mortal, un falecido, e agora un menor ferido, operado de urxencia, co bazo extirpado. Ámbolos feitos en menos dunha semana, e os dous fronte a discotecas da zona nova de Compostela. Un comité de seguridade reuniuse esta mañá, indican que os dous acontecementos non teñen relación. Na xuntanza estivo a subdelegada do goberno, que anunciou a ampliación do dispositivo de vixilancia. María Rivas quixo mandar unha mensaxe de calma pero os veciños da zona non están tranquilos. Cren que detrás dos feitos está o aumento da prostitución e tráfico de drogas nos últimos anos
- A falta de médicos en varios PAC's de Pontevedra satura de novo o servizo de urxencias de Montecelo.
O BNG considera que o PP representa un risco para a sanidade pública. Os socialistas píndenlle a Alfonso Rueda que asuma directamente a procura de solucións.
- Sen cota de xurelo, case tódo-los barcos de cerco están amarrados.
Os armadores negocian axudas para que os 800 mariñeiros afectados non teñan que consumir as súas prestacións ata que se abra a campaña do bocarte en marzo.
- Hoxe comeza oficialmente a campaña de extracción de mexilla.
Os bateeiros terán que limitar a súa actividade ós espazos de sempre. Non conseguiron autorización, de momento, para ampliar as zonas de recollida.
- Na Fonsagrada continua a rodaxe da película "As Neves", a ópera prima da actriz e directora viguesa Sonia Méndez.
Esta película retrata unha xeración de adolescentes que están hiperconectados ás redes pero que viven illados en entornos rurais