Outro policía implica ó único acusado no xuizo do Cash Récord. Dixo que hai indicios pra atribuirlle non só o atraco e morte de dous empregados do Cash Récord senón tamén outro homicidio en 1997.
Volve ó xulgado o home acusado de matar á súa exparella o domingo en Baiona.
A xuiza ordenara o seu traslado ó hospital Álvaro Cunqueiro onde hoxe foi dado de alta.
Satisfación nos comités de empresa de ENCE pola confirmación dos investimentos en Lourizán. Tras confirmar o Supremo a prórrog da concesión, a pasteira Ence avanzou investimentos de máis de 130 millóns de euros nos vindeiros dez anos.
En Ourense, a oposición denuncia que o alcalde emprega un clube de fútbol pra poder continuar con obras na cidade. Busca manter proxectos financiados cunha modificación de crédito que só se podía empregar ata o 31 de decembro de 2022.