Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/03/21 09/03/2021 49:57

O parlamento galego celebra sesión plenaria na que se adiantou a comparecencia doi presidente da Xunta, que esta tarde viaxa a Madrid pra se reunir esta noite coa ministra de traballo, e mañá co ministro de transportes. Unha sesión na que emprazou ós líderes da oposición a agardar pola comisión de reactivación pra mante-lo encontro sobre a pandemia, e tivo un novo encontronazo coa lider do BNG a conta do día da muller. Ademáis pediu unha confererencia de presidentes pra aclara-la xestión da pandemia cando decaia o Estado de Alarma.

Uns 2.700 profesionais de enfermeria de Atención Primaria inician hoxe un curso sobre a vacinación contra a Covid-19, ante o previsible incremento de doses de vacina disponibles

Nova mobilización dos traballadores de ENCE. Esixen modificacións no proxecto de lei de cambio climático para garantir a contnuidade da fábrica na ría de Pontevedra.

Protesta dos gandeiros na Coruña para pedir que non se prohiba a caza do lobo. Consideran non se ten en conta os prexuizos económico que os ataques do lobo supoñen para as explotacións de gando extensivo.

A Universidade de Vigo vai facilitar de balde os productos de hixiene íntima feminina. É a primeira universidade que o fai en España.

No tempo mantense a influencia das altas presións. Os ceos van estar pouco anubrados ou despexados. Mañá iremos perdendo a influencia do anticiclón.

Galicia Informativos
Más opciones