Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/03/22 09/03/2022 44:34

As confrarías galegas decidirán o sábado un posible amarre da flota polo alto prezo do gasóleo. Moitos armadores xa dediciron por conta propia non sair a faenar porque a actividade non é rendible.

Stellantis anuncia a suspensión temporal da cuarta quenda do sistema 1, a última que estaba a traballar. O sindicato CUT convocou unha concentración ante a sede da Xunta para denunciar as consecuencias negativas que teñen as sucesivas paradas pra os traballadores.

O SERGAS diagnosticou outros 1.900 novos positivos de coronavirus. Agora os casos activos son case 17.500. Pero, os hospitalizados baixan dos 400 por primeira vez desde Reis.

Unha de cada tres botellas da denominación de orixe Rías Baixas xa se vende no exterior. En 2021 exportou case un 17 por cento máis. Danse así por superadas as crises do Brexit e a pandemia, e non temen grandes repercusións da guerra en Ucraína.

O tempo. Rexístranse ventadas fortes na costa norte e chuvias que serán máis intensas no oeste. 


 

Galicia Informativos
Más opciones