Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 09/05/22
09/05/2022
45:24
Alberto Núñez Feijoo e Miguel Tellado serán senadores do PP por designación autonómica. Os actuais cédenlle o seu escano, algo que lles permitirá realizar unha oposición máis activa, o propio Feijoo interpelará mensualmente a Pedro Sanchez. Poden manter así a súa condición de aforados.
Desde a oposición, falan de uso partidista das institucións. Tanto BNG como PSDEGA preparan xa as súas propostas alternativas a Alfonso Rueda para o debate de investidura: céntranas no reforzo da sanidade pública.