A actualidade política galega pasa hoxe por Ourense. POr un lado, o presidente da deputación, Manuel Baltar. O xulgado de Pobra de Sanabria rexeitou a súa petición pra suspende-lo xuizo rápido por delito de seguriade vial e decidiu trasladalo a vías telemáticas noutra hora da xornada. Aínda non trascendeu o que deu de sí esta comparecencia
Mentres agardamos a coñecer o resultado desta vista oral, no concello ourensán segue a polémica entorno a Gonzalo Pérez Jácome. O alcalde fala de terrorismo informativo ante as gravacións que están a publicar o diario La Región, e hoxe tamén a voz de Galicia. Os seus ex-compañeiros en Democrcia Ourensana lembran que hai moito tempo que denuncian irregularidades e enriquecem,ento persoal do rexedor...
- No Parlamento, rexeitada a iniciativa lexislativa popular en defensa da atención primaria.
O PP descualifica ós promotores, aos que acusa de ter como único obxectivo o cambio de goberno na Xunta.
- O persoal que traballa nas residencias públicas galegas denuncia a falta de recursos.
Indican que nos últimos anos se incorporaron residentes con patoloxías que precisan de reforzos, sen que Política Social atenda as súas demandas.
- Protesta do sector pesqueiro no día de Europa....
Ó mediodía fixeron soar as bucinas dos barcos pra chamar a atención da comisión europea. Asegura que está afastada dos intereses a pesca.
- O terceiro sector insta aos políticos de todas as adminstracións a solucionar a emerxencia social da vivenda.
A Xunta vén de anunciar 1.800 e o goberno central estima a construción de medio milleiro nas parcelas de defensa. Pero a rede galega contra a pobreza EAPN considera que debería ser o triplo pra comezar