A esta hora o presidente da Xunta, Núñez Feijóo da conta dos acordos do comité clínico. Anuncia unha revisión completa das restricción debido a boa evolución da pandemia.
O comité clínico deixou case toda Galicia co nivel mínimo de restricións. A boa marcha dos datos sanitarios permite rebaixa-las limitacions nunha xornada na que a Interterritorial deberá analizar unha nova proposta do Ministerio de Sanidade. Desta vez serán recomendacións, e non obrigas para as comunidades.
As crises de 2008, e a máis recente provocada pola pandemia, acentuaron o paro da mocidade en Galicia en 20 puntos
O presidente Núñez Feijóo defende no Parlamento a xestión medioambiental da Xunta. A oposicion acúsao de estar ó servizo das eléctricas.
En Ourense, o alcalde someterase o luns a unha moción de confianza, vencellada á aprobación dunha modificación de crédito. Só conseguiu 4 votos pra unha modificación presupostaria por valor de 62 millóns de euros