Segue o debate sobre a petición ós concellos de que pechen parques e xardíns. O delegado do goberno reprocha á Xunta que non consultaran esta medida antes con eles e cos concellos. o goberno galego insiste en que debe realizarse e recalca que esta practica sancionable.
Xa son seis os detidos como presuintos autores da morte e SAmuel Luiz. A delegación do goberno confirma a detención de dous menores, amigos dos outros catro arrestados por esta causa. O resto seguen prestando declaración en sede xudicial
Reunión esta tarde entre a ministra de industria e o comité de Alcoa, sobre a venda da factoría de San Cibrao, na que hay xa varias empresas interesadas. O conselleiro de Industria agarda medidas concretas do gobierno pro traspaso
Abanca segue pechando oficinas, sobre todo no rural. Son xa 32, a vindeira en Mesón do Vento, en Ordes. Hoxe mobilizáronse os veciños abocados a un traslado de 10 kilómetros pra chegar a outra oficina, que ten horario restrinxido
Os recortes de persoal e peches de unidades escolares seguen causando protestas. En Outes tres alumnos menos suporán a perda de varios docentes e dunha coidadora para un alumno con necesidades especiais.