Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 09/08/23
09/08/2023
30:08
Despois de varios días de indignación en Vigo, National Geographic acepta retirar o resumo da súa reportaxe na que sitúa ó porto da cidade olívica coma o maior de pesca ilegal de Europa. Hai satisfacción na Autoridade Portuaria, que agora agarda que o documental completo non se emita. Se é así, seguiran coas accións legais.
Seguen insistindo no amplo control que se fai das capturas que chegan nas embarcacións, máis aínda tendo en conta que na cidade está a sede da Axencia Europea de Control da Pesca.