Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/09/22 09/09/2022 43:33

Aínda falta un mes pero xa está a maquinaria en marcha pra prepara-la celebracion do macro-xuizo polo accidente do tren Alvia en Angrois... máis de 9 anos despois do sinistro centos de avogados atenderán a máis de 160 víctimas, nunha vista na que van a declarar centos de testemuñas... e que será seguida por numerosísimos medios de comunicación. Un reto que non se pode atender axeitadamente nunha sede xudicial, polo que a Xunta prepara xa un dispositivo especial pra súa celebración, no edificio CINC do Gaiás...

- A CIG quere evitar a clase traballadora acabe sufrindo pagando os efectos da crise e a escalada de prezos.

Pra iso pide unha tarifa eléctrica galega, un incremento salarial do 4,50% e conxelar as clausulas das hipotecas variables e dos alugueiros.

- A situación sanitaria no Morrazo non mellora tralo periodo estival.

En Moaña ata o 16 de setembro só hai un médico pola tarde ademáis as urxencias continúan derivándose a Cangas. Nesta localidade só hai pediatra pola mañá.

- Promoción da pesca de cerco no mercado do Progreso, en Vigo.

Durante toda a mañá as pescantinas ofrecen información aos seus clientes sobre este tipo de peixe. A actividade repetirase o vindeiro venres na praza de Lugo, na Coruña.

- Unións Agrarias alerta de ofertas de compra de leite que poden resultar unha fraude.

Algunhas de ata 50 céntimos por litro. Antes de acpeta-las piden que analicen a súa procedencia, pois hai primeiros compradores un longo historial de impagos.

Galicia Informativos
Más opciones