Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/10/23 09/10/2023 44:43

O PSOE abre o proceso de primarias pra elexir ó aspirante á presidencia da Xunta e Gómez Besteiro confirma a súa candidatura. Besteiro di que se avista a posibilidade de cambio politico en Galicia no que o partido socialista ten que ser protagonista.

A Denominación de Orixe Rías Baixas pretende dobra-la súa facturación nos vindeiros sete anos. A clave para acadar ese obxectivo está en aumenta-la presenza no mercado exterior cun incremento de prezos e de calidade coa elaboración de viños de crianza.

Unións Agrarias pide ós Consellos Reguladores que aceleren os trámite para que os productores poidan cobrar a uva da última campaña. Coas certificacións correspondentes, os adegueiros aínda disporán de 30 días pra efectuar os pagamentos.

Moitos galegos atrapados na guerra no conflicto bélico en Israel. Temen un conflicto longo e o impacto do enfrontamento armado nas súas actividades económicas.

O tempo vai seguir de verán ata a vindeira fin de semana.

Galicia Informativos
Más opciones