Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 09/11/21 09/11/2021 44:48

Continúa a suba de doentes de coronavirus, e Galicia sae da nova normalidade. Hoxe rózanse os 800 casos activos, logo dunha xornada con 76 novos positivos. Hai 39 hopspitalizados, 10 nas UCIS.

Unións Agrarias culpa ás industrias da situación crítica dos productores de leite. Este sindicato asegura que no último ano pecharon en Galicia 400 explotacións. Pero seguirán os abandonos polos altos custe de producción.

O sector pesqueiro ven de recibi-lo apoio do parlamento europeo na súa demanda de rebaixa do IVE dos productos do mar. Os eurodeputados recomendan que se equiparen os impostos dos alimentos segundo os beneficios que aportan á saúde, o que permitiría reducir o IVE do peixe ó 4 por cento.

Rematou se acordo o periodo de consultas do ERE presentado pola dirección de Vestas. Agora en 15 días a dirección da fábrica de compoñentes eólicos debe decidir se mantén o peche da fábrica e despedimento dos máis de cen traballadores previsto para final de ano.

O tempo. segue este verán de sanmartiño con temperaturas que nalgúns puntos pasan dos 20 graos. 
 

Galicia Informativos
Más opciones