Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 09/12/21
09/12/2021
44:54
Galicia está en risco alto, e a taxa de positividade multiplica por tres o limiar que a organización mundial da saúde considera que permite controlar a pandemia. A pesar da baixa deteción de casos, hoxe rexistráronse un milleiro de novos contaxios... e son xa máis de 10 milleiros os infectados. A meirande parte están nas súas casas, atendidos por centos de saúde nos que os sanitarios están dobrando xornadas. Denuncian falta de persoal e que a Xunta os obrigue a suplir esas ausencias... Unha sobrecarga que está, segundo os médicos, detrás da decisión de moitos MIR de rexeitar ofertas de traballo na atención primaria.