Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 10/12/23
10/12/2023
30:07
En media hora, ás dúas, comeza o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europa en Bruxelas. A frota galega mira de esguello os TAC e as cotas para 2024.
Ademais, centos de colectivos adiántanse ó Día das Montañas con mobilizacións nas catro provincias para demandar o final da sobreexplotación eólica.
Falamos ademais de turismo ó final dunha ponte festiva na que o Camiño Francés a Santiago cumpre 30 anos como Patrimonio da Humanidade. Os actos de celebración comezaron esta mañá cun repenique de campás.
Das estradas, atropelo mortal en Xinzo.