Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/01/22 10/01/2022 44:39

Xa hai medio milleiro de persoas ingresadas con coronavirus nos hospitais galegos. Agora hai 67.700 persoas enfermas aínda que no último reconto os novos positivos quedaron por debaixo dos cinco mil.

Os empresarios galegos molestos polo feito de que os traballadores poidan tramitar unha baixa laboral cunha autoproba de antíxenos. Consideran que é a primeira vez que se pode facer sen un informe dun facultativo e sen o trámite do Servizo Galego de Saúde.

Renfe interrompe o servizo ferroviario entre MONFORTE e LUGO durante catro meses, ata o 10 de maio. É consecuencia das obras que ADIF efectúa neste tramo. A compañía ferroviaria estableceu plans alternativos de transporte por estrada pros viaxeiros afectados.

Os traballadores de Barreras comezron unha folga de cinco días. Buscan presionar a empresa pra que teña en conta a opinión do cadro de persoal na venda do estaleiro.

Canto ó tempo, xornada de orballos, previa á chegada mañá do anticiclón...

Galicia Informativos
Más opciones