A frota de cerco agarda coñecer hoxe os detalles das axudas par compensa-los por un amarre temporal. Hai barcos que levan amarrados dende o mes de novembro. A asociación de armadores confía en que se revisen as contías propostas inicialmente.
As dependentas de Inditex celebran o acordo acadado a nivel estatal por CCOO e UGT coa multinacional. Acaba coa discriminación nos dereitos sociais con respecto a outros traballadores do grupo.
En Lugo, visto pra sentenza o xuizo polo dobre crime do Cash Record.
A fiscalía non cambiou a súa posición, e únese á defensa na petición de absolución pra o único acusado Manuel Juan Vilariño.
O Clínico de Santiago suma xa un cento de intervencións para tratar cunha nova técnica o tremor esencial. Este hospital foi o primeiro en poñer en marcha un novo método pra reducir un tremor involuntario que afecta á calidade de vida dos que o padecen.
O tempo. Todo igual, tamén na fin de semana.