Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/03/22 10/03/2022 43:45

Novo aumento de contaxios e de casos activos de coronavirus. Nas ultimas 24 horas diagnosticáronse algo máis de 2 mil novos casos. Unha cifra tan alta non se regxistraba desde mediados de febreiro.

Os conselleiros de Sanidade debaten hoxe sobre se chegou o momento de retirar a máscara nos interiores. Dende Galicia, o comité clínico mostrase prudente, pero a inmunóloga Afria González cre que chegou a hora de avanzar na relaxación desta medida.

Xornada reivindicativa en Ferrol cando se cumpre medio século da morte de dous traballadores de Bazán por disparos da policía. Os sindicatos consideran que é tamén unha xornada para seguir coas accións reivindicativas.

A familia de Débora Fernández satisfeita tras detectarse restos de ADN masculino nas unllas do cadáver da moza. Mañá declara en Tui como investigado o exnoivo de Déborah, o principal sospeitoso para a policía.


O tempo. temos máis nubes qe claros. As chuvias vanse ir xeralizando conforme avance a tarde.

Galicia Informativos
Más opciones