Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 10/04/23
10/04/2023
25:06
Salvo acordo de última hora, a próxima medianoite comeza unha folga indefinida na sanidade galega convocada pola confederación estatal de sindicatos médicos. Denuncia o deterioro das condicións laborais dos traballadores da sanidade e a falta de resposta da consellaría.
O CESM considera innegociable a implantación de 35 horas semanais e, en xeral, a aplicación en Galicia de medidas que xa están vixentes noutras comunidades.
O SERGAS fixoun uns servizos mínimos do cento por cento nas áreas de urxencias, segundo publica hoxe o Diario oficial de Galicia
A oposición mantén que hai razóns máis que suficientes para a folga despois de 14 anos de recortes.