Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/05/22 10/05/2022 44:29

O xulgado autoriza a venda de Barreras ó grupo Armón ó ser a mellor oferta económica. A xuiza consider que os traballadores non ofreceron argumentos que xustifiquen a necesade de contar con todo-los trabaladores para recuperar a actividade.

Os transportistas acusan ás petroleiras de subir o prezo do gasóleo de maneira fraudulenta. Ampalian unha demanda de 2020 na que esixen a devolución do que cren que se lles cobrou indebidamente.

A corporación de Cambados celebra á tarde un pleno para manifestarse contra o informe de Costas que cuestiona o futuro de tres depuradoras. Candrando coa sesión están convocada unha concentración que apoian tódalas forzas políticas e os sectores afectados.

A Universidade de Santiago conmemora hoxe os 50 anos do concerto que 'Zeca' Afonso deu na cidade. Foi en maio do 72. Neste concerto interpretou por primeir vez o tema "Grádola, vila morena" que despois se convertiría no himno da revolución dos caraveis.

Do tempo, poucos cambios, aínda con temperaturas moi cálidas e con esas brétemas costeiras que chegaron a pasada tarde...

Galicia Informativos
Más opciones