En Arousa as últimas dúas décadas a produción de moluscos mermou ata un 70 por cento segundo as especies. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa pide á Xunta a rexeneración dos bancos marisqueos e un estudo pra dar coas causas deste deterioramento.
A CIG solicita amparo á Valedora do Pobo ante a crecente exclusión dixital. Hoxe entregou 6.000 sinaturas reclamando atención presencial obrigatoria tanto na Administración pública como en bancos e empresas.
Concentracións hoxe en Vigo e A Coruña dos funcionarios do servizo de Gardacostas da Xunta. Denuncian que por seren traballadores públicos non poden acceder as vantaxes dos que están incluidos no Réxime Especial do Mar.
Folga do sector metal da provincia de Lugo. Un paro reforzado con piquetes e concentracións para reclamar o aumento dos salarios segundo o IPC real.
O tempo. Vanse abrindo claros, pero o que máis destaca é o descenso das temperaturas.