Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/06/2021 10/06/2021 50:08

O presidente da Xunta anuncia que desde hoxe van chamar a case 12 mil persoas que, por distintas circunstancias, non se vacinaron canda ó seu grupo de idade.

O lecer nocturno teme que a eliminación de límites pras reunións en fogares e na rúa poida dar pulo ós botellóns e festas en fogares, onde hai moitos menos controis que nos seus locais

35 persoas atendidas, 6 hospitalizadas, por unha posible intoxicación alimentaria en residencias de anciáns do Carballiño e Leiro.

En Pontevedra, protestas das traballadoras do Sanatorio Santa María polo peche do centro. O SERGAS retiroulle a autorización sanitaria.

As familias piden solucións a atención dos rapaces con discapacidade cando chegan á cidade adulta. Reclamar que poidan quedar nos Centros de Educación Especial ata os 30 anos

Galicia Informativos
Más opciones