O veto á pesca de fondo en 41 zonas do atlántico farase notar dende hoxe de forma máis clara, coa incorporación ás pesquerías dos barcos que van e veñen no día. Polo de agora non houbo incidencias pero sí se nota unha maior concentración de buques en determinadas áreas. E nalgns casos, os barcos están amarrados ou sen larga-los aparellos pola incerteza. Unha polémica que tamén ten reflexo no debate político, e no parlamento europeo, onde eta tarde comparece o comisario do ramo
- Arrinca oficialmente a campaña de vacinación contra a gripe, coa incorporación dos menores de 5 anos ós grupos de risco
Os especialistas agardan que teña unha maior incidencia tras dous anos case ausente, e chaman ós cidadáns a vacinarse pra reduci-la súa circulación.
- Día da saúde mental. Coa denuncia sobre a mesa de que faltan medios pra atender estas doenzas
O Movemento Galego de Saúde Mental cifra en dez mil as persoas en listaxe de agarda pra unha primeira consulta. E a Fundación Salma alerta de que máis da metade dos trastornos aparecen antes dos 14 anos.
- Unións Agrarias denuncia que a cadea de supermercados Alcampo está a vender unha das súas marcas de leite por debaixo dos custos de produción
Está a 73 céntimos, algo que xa denunciaron ante a Axencia de Información e Control Alimentarios. Piden que se faga cumpri-la lei de cadea alimentaria.
- Séptimo día de folga no sector do metal na provincia de Ourense, con denuncias da patronal de incidentes cos piquetes
Acúsanos de agredir a dous gardas de seguridade durante unha concentración. Varios sindicatos de seguridade xa denunciaron as agresións