Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/11/21 10/11/2021 44:43

Nova protesta dos productores de carne. Esta mañá concentráronse en Ourense. Aseguran que o aumento de custes lles causou perdas de 3,6 millóns de euros no que vai de ano.

En Ourense, ás 4 os deputados provinciais socialistas inician unha marcha a Madrid para denunciar que o reparto partidista de fondos na Deputación. O presidente da institución provincial, Manuel Baltar, sinalou que o portavoz socialista apoia a súa estratexia en mentiras.

Presentada a Universidade intercontinental da empresa. É a primeira institución privada de Galicia. O que será o seu reitor, Miguel Angel Escotet, di que Abanca non busca o negocio con esta actividade.

O concello da Coruña conta poder inscribir nuns días un céntrico edificio que un filántropo coruñés lle legou hai 80 anos a cambio de misas e coidar da súa sepultura. A xunta de goberno municipal consignou hoxe 172 mil euros,o equivalente á cantidade que Manuel Piñeiro Posse deixou escrita no seu testamento

O tempo.... segue o verán de sanmaratiño..

Galicia Informativos
Más opciones