Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/11/23 10/11/2023 44:09

En Valdeorras, traballadores das louseiras precintadas manteñen a vixilancia das instalacións. Tentan impedir que os comuneiros retiren a lousa que quedou almacenada.

O Seprona abriu expediente a 27 dos 28 centros de tratamento dos coches que son dados de baixa na Coruña. Están investigados por un delicto contra o medio ambiente ó non tratar correctamente os gases do aire acondicionado

Seguen aparecendo novos focos da enfermidade hemorráxica epizoótica que afecta ás vacas. A un gandeiro de Xermade morréronlle 25 animais e outros 50 están en tratamento.

A CIG convoca folga xeral nas Pontes para o 23 de novembro. Un paro de catro horas para denunciar a situación socio-económica deste concello coruñés e reclamar un proceso xusto de transición enerxética.

O temo. chuvias febles e coa temperatura algo máis alta.

Galicia Informativos
Más opciones