Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 10/12/21 10/12/2021 44:52

A Xunta habilitará, a partir da próxima semana nas farmacias galegas un test de balde para tóda-las familias con nenos de entre 5 e 11 anos. Así o avanzou esta mañá o presidente Núñez Feijóo durante a sesión de control do Parlamento. Tamén que a próxima semana o Sergas empezará a citar aos nenos de 9 a 11 anos. E acaba de confirmar a apariación dos primeiros casos de ómicron en Galicia

Reunión importante pro futuro de Alcoa. Desde o mediodía celébrase unha reunión convocada polo ministerio de Industria para analizar a proposta da multinacional que prevé parar a actividade dous anos sen tocar o emprego.

As industrias seguen sen lles subir o leite ós proeductores.
Unións Agrarias anuncia unha campaña para que os consumidores deixen de mercar determinadas marcas e unha manifestación para o 26 de xaneiro.

Os afortunados no sorteo do nadal igual non poden cobra-la ata despois do día 25. Os loteros ameazan con pechar entre o 22 e o 24 deste mes para demandar unha revisión do sistema de comisións.

Dobre operación contra o tráfico de drogas. En Sanxenxo foi detido o vilanovés Francisco Javier Janeiro Rodríguez, coñecido como Javillo, con seis quilos de heroína. E, en varias localidades da Coruña e Pontevedra houbo outros 11 arrestos e incautáronse 28 quilos de cocaína.

Galicia Informativos
Más opciones