Moitas frontes abertas na crise pola chegada dos granulados de plástico ás nosas costas. NA Xudicial, o xulgado de NOia incoa dilixencias e dalle paso ós denunciantes ocmo acusacións populares.. .No político, c´ríticas do goberno ás peticións da Xunta, que pasan, segundo a ministra Teresa Ribera por toda a dotación de salvamento marítimo nacional. Maña a mediodía comparecerá na deputación permanente a conselleira Ángeles Vázquez pra dar conta das actuacións do goberno galego neste eido
- Unha decena de trens afectados polos problemas eléctricos da estación de Coruña sen que Renfe ofrecese alternativa por estrada
Moitos quedaron parados no apeadoiro de Uxes; o problema aínda non está solucionado na súa totalidade
- Á espera das probas de ADN en Rábade para confirmar que o corpo atopado nun sumidoiro pertence ó veciño desaparecido en decembro
Xa hai un detido que pasa hoxe a disposición xudicial: fora visto fuxindo a Sarria con varias maletas
- A evolución da economía galega ralentízase con respecto á media estatal
O foro económico galego constata unha caída no investimento privado entre xullo e setembro do ano pasado
- O alcalde de Ourense expedienta a dous traballadores encargados de controlar a xestión económica do consistorio
A Xunta de Persoal do Concello acusa ó rexedor de tomar decisións sen criterio