Galicia xa ten 71.500 persoas con coronavirus tras sumar outros 6 mil novos positivos. Mellora a situación nas UCIS, hai 5 pacientes menos en coidados intensivos que baixan dos 50 por vez primeira dende o 22 de decembro.
Denuncian que a incorporación dos xubilados o sistema sanitario provoca o cesamento doutros contratos. "Enfermeiras eventuais en Loita" mantén que a medida non está a servir pra reforza-lo servizo.
Megasa retomou esta noite a producción. Parou hai case un mes polos altos prezos da enerxía eléctrica e a dirección advertíu aos traballadores de que se os prezos seguen elevados a fábrica non é rendible.
Renfe adianta 50 minutos o horario de saída do tren que conecta Vigo e Coruña.
Un cambio que busca adaptarse ós horarios laborais dos usuarios, pero as plataformas de usuarios afirman non é suficiente.
No tempo, volvemos a estar baixo a influencia do anticiclón