Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 11/02/23
11/02/2023
30:05
Na véspera da manifestación de Sos Sanidade en Santiago, hoxe é a quenda da veciñanza de Verín, que protesta pola falta de pediatras na vila sen cobertura das prazas de xubilados.
Cos problemas da sanidade amosouse de novo comprometido Alfonso Rueda. Segue a defender as medidas da Xunta e dille á oposición, que as criticou, que o que teñen é falta de coñecemento, que non as entenden vaia.
Todo nunha xornada na que os bombeiros forestais galegos denuncian a mala praxe da Xunta na estabilización das prazas a poucos meses da tempada forte de traballo.
E esta noite entrega dos Goya, con moitos candidatos galegos. Entrevistaremos nos vindeiros minutos a un deles: Diego Anido, opta ó premio a mellor actor de reparto polo seu papel en 'As bestas'.