A empresa iberatlantic, con sede en Vigo, está en negociacións co Fondo Ruso de Inversión Directa e a biofarmacéutica Zendal, no Porriño de cara á posible produción da vacina SPUTNIK V.
Continúa a mellora-la situación sanitaria, cos casos activos en niveis do verán, pero nos hospitais está costando baixa-la terceira vaga. Especialmente na área sanitaria da Coruña.
A vacinación masiva ponse a proba esta tarde na cidade da cultura de Santiago, e se estenderá o sábado ó resto da comunidade.
En Pontevedra, nova xornada de protestsas protagonizada polos trtaballadores de ENCE.
Na Coruña, protesta dos mariscadores da ría do Burgo. Reclaman axudas mentres se realiza a dragaxe
Ana Pontón critica o contido da reunión entre o ministro de Transportes e o presidente da Xunta. Considera que non se avanzou nada.
Dictada apertura de xuizo oral á muller que hai dous anos matou a súa filla de sete anos no concello lugués de Cospeito. O pai da menor protesta polo xeito en que se pechou a instrucción
No tempo, volveron as chuvias: Comezaron polo oeste e vanse ir estendendo a toda Galicia