Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/03/22 11/03/2022 44:58

Os combustibles xa están nalgunhas estacións de servizo a máis de 2 euros por litro. Aínda que pareza contradictorio tamén é malo para os donos das gasolineiras que aseguran que desde hai dez días vende a perdas.

Sanidade vai abordar nos vindeiros días a retirada das máscaras os patios dos colexios. Farao unha vez que esta semana remate a segunda doce da vacina ós menores de 5 a 11 aos.
Mantén o pasaporte COVID nas residencias e hospitais

Esta mañá declarou en sede xudicial en Tui, como investigado, o exnoivo de Déborah Fernández. O avogado da familia da víctima asegura que incorreu e varias contradiccións respecto ó que declarara outras veces ante a policía.

Na Coruña, a Fundación Barrié abre mañá a exposición Textís de Artistas.
Unha mostra que nos descubre una nova faceta artística de nomes tan recoñecidos como Pablo Picasso, Joan Miró, Salvador Dalí, Andy warhol ou Henri Matisse.

O tempo. pola tarde os chuvascos van ser máis ocasionais, pero á noite entra unha nova fronte.

Galicia Informativos
Más opciones