Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/05/21 11/05/2021 49:53

Entra en vigor a nova limitación de velocidade nas vías urbanas dun só carril, que pasa de 50 a 30 kilómetros hora.

As vacunas son efectivas: un estudo con 250 mil persoas sinala que unha soa dose reduce as hospitalizacións nun 94 por cento.

Aprobada a lei de recuperación da terra agraria, que establece unha moratoria para novas plantacións de eucalipto ata 2025.

O BNG defende no congreso a intervención pública de Alcoa e das plantas de Alu Ibérica que antes pertenceron á multincional.

Outras dúas xornadas de folga no sector da limpeza na provincia da Coruña. Demandan melloras salariais pra sair da precariedade.

Galicia Informativos
Más opciones