Armón quere relanzar o estaleiro Barreras coa construcción de ferris. O director da factoría di que non poden asumir ós 120 traballadores actuais, pero que crearán moitos postos de traballo na industria auxiliar.
O patrón maior de Bueu alerta de que dun tempo a esta parte non medra nada nas rochas. José Manuel Rosas asegura que percebes, mexillón ou algas non se fixan como antes e pide que se investiguen as causas.
Os donos de vivendas turísticas réstanlle importancia á sentenza que obriga de dispor dunha licenza municipal pra exercer esta actividade. A asociación Aviturga desbota que a resolución a un caso concreto poida extrapolarse sen máis a tódolos pisos que funcionan só con autorización da Xunta.
En Ourense, o conflicto do transporte urbano está máis preto dunha solución. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, da por case feito o acordo. Esta tarde hai unha novar reunión entre as partes.