O Diario Oficial de Galicia publica o terceiro plan de rescate para autónomos e pequenas empresas. Poderanse solicitar ata o 14 de xullo. Son sete mil millóns de euros para toda España, dos que a Galicia chegan 234 millóns. Os hostaleiros advirten da letra pequena, que impedirá que moitos accedan a esas axudas.
Industria e consumidores rexeitan os cambios na tarifa da luz. O BNG comeza a recoller sinaturas contra ela
Galicia triplicará a producción de enerxía solar. O goberno central destina á nosa comunidade máis de 53 millóns de euros en axudas á instalacións fotovoltáicas en industrias, empresas de servizos ou vivendas particulares.
O comité de empresa de Xeal, a antiga ferrotlántica, denuncia que o cambio de titularidade da fábrica foi unha operación fraudulenta
Educación e concellos asinan un acordo para que os cidadáns poidan usar as instalacións deportivas dos centros escolares.
O colectivo Rompente volve corenta anos despois, cos mesmos ánimos contraculturais e novo poemario