Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/07/21 11/07/2021 30:08

Este domingo, unha semana despois da morte por unha malleira do mozo Samuel Luiz Muñiz, colectivos LGTBI volven sair a rúa para pedir que se faga xustiza e denunciar a homofobia. Baixo o lema "Ante o odio e a violencia non mostres indiferencia" convocan unha manifestación na Coruña as sete e media. Polo demáis non houbo novas detencións en relación co caso.

Na pandemia moderase a repunta de novos contaxios pero están por riba dos 500. Ainda que non se está a trasladar á presión hospitalaria os expertos advirten que isto podería mudar.

Unha boa parte deste informativo ocuparemola en lembrar o 50 aniversario da casa-museo de Rosalía de Castro, que se cumpre esta semana. Alí celebrouse un acto multitudinario no que se entregou a casa restaurada ó patronato de Rosalía e que resultou unha reivindicación do galego nos anos finais do franquismo.

Galicia Informativos
Más opciones