Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/07/22 11/07/2022 25:05

Os datos confirman un aumento dos delitos de agresión ou abusos sexuais en Galicia. As víctimas deste tipo de actos precisan atención e apoio inmediatos, sanitario, pero tamén psicolóxico ou xurídico, algo que tamén facilitará a investigación dos feitos. A federación estatal de asistencia a estas víctimas busca local en Ourense pra apertura da súa primeira sede en Galicia pra ofrecer este servizo. Mentres non ten data nin localización aínda pras unidades de atención 24h que lle esixe a Lei nacional de Liberdade Sexual que ven de ser aprobada no Congreso.

Galicia Informativos
Más opciones