Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 11/07/23
11/07/2023
27:28
Despois de anos de denuncias polo seu deterioro e abandono, o panteón de galegos ilustres está a piques de vivir unha mundanza. Os tres partidos políticos secundan unha proposta pra converter o lugar de repouso de Rosalía de Castro, Castelao e outros referentes da nosa cultura nun espazo de xestión pública.
Dende o Museo do Pobo galego saúdan a iniciativa, e agardan que se acometa unha restauración integral.
O debate entre os candidatos do PP e o PSOE marca boa parte da campaña pras eleccións. Uns comicios nos que 97 invidentes contarán con votos adaptados ás súas necesidades.