Conta atrás pra operación saída de mediados de agosto: agárdanse máis dun millón de desprazamentos en Galicia.
As autovías das Rías Baixas e do Salnés ou os accesos a Santiago desde Noia serán algúns dos puntos con máis afluencia de vehículos.
Reunido arestora un comité técnico do Sergas pra determinar as medidas de prevención ante a aparición de mosquitos tigre.
Vixiar as zonas húmedas ou limpar os pratos baixo as macetas son algunhas das recomendacións.
Representantes do sector do mar comezarán a recoller sinaturas a vindeira semana pra levar as súas peticións ó Parlamento.
Unha iniciativa lexislativa popular pra priorizar e protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras fronte a proxectos coma os eólicos.
Vigo convértese durante 3 días na capital do deporte urbano. Preto de 200 mil persoas visitarán esta fin de semana a cidade para disfrutar do Marisquiño.
Un festival no que se darán cita os mellores deportistas internacionais en disciplinas coma o skate, Be Eme Xe, Básket 3x3 ou o break dance.
No tempo, entrou unha nova fronte que está a deixar os ceos algo cubertos.