Fin das vacacións e volta ás aulas para máis de 300 mil alumnos galegos. Con visita especial no caso dos do colexio Plurilingüe Camiño Inglés de Sigüeiro, no concello de Oroso. Alí está hoxe a Raiña Letizia.
Percorre arestora as aulas dun centro premiado pola innovación, os esforzos educativos en dar unha ensinanza práctica e que non deixa de lado problemas do mundo actual como a defensa da ecoloxía.
Antes desta visita houbo protesta da CIG en contra dos recortes en educación, para pedir melloras para docentes e alumnado. Para evitar situacións como a que viven nun colexio de Rábade onde, por falta de profesorado, os niveis de 4º e 5º de primaria teñen que compartir aula
- Os partidos da oposición estiman que a capacidade de xestión do goberno da Xunta xa está esgotada.
Consideran que a convocatoria de eleccións autonómicas non depende do interés xeral senón do que lle conveña ó Partido Popular.
- O alcalde de Ourense critica que os partidos da oposición no concello non condenen a agresión do editor de La Región.
Pérez Jácome atribúe este silencio ao "medo" ao grupo xornalístico e ó desprezo á súa figura como rexedor.
- En Foz mantense a recomendación de non beber nin utilizar na cociña a auga da traída.
Dende primeiros do mes de agosto o concello realiza controis da auga cada dous días pero os resultados aínda non son positivos.
- Ecoloxistas en Acción denuncian á mineira de San Finx ante a Relatora Especial da ONU polo uso de denuncias abusivas e infundadas.
A organización medioambientalista advirte que nin querelas nin outro tipo de ameazas farán cesar as súas denuncias.