Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 11/10/22 11/10/2022 44:43

O regulamento de áreas mariñas vulnerables non se revisará ata a primavera

Os eurodeputados galegos critican a incoherencia da comisión de pesca, que se acolle ós estudos científicos pero inclúe artes coma o palangre, que o ICES deixaba fóra

O Tribunal Supremo anula definitivamente o gran parque eólico en Ancares-Courel.

A Plataforma Salvemos O Oribio reclama a restauración integral dos terreos nos que se empezara a construír o parque eólico. O Alto Tribunal anula os permisos da Xunta a unha infraestrutura en terreos da Rede Natura

Os traballadores do comercio da provincia de Pontevedra teñen un novo convenio

12 mil traballadores beneficiaranse dun relevante aumento salarial, e beneficios coma as excedencias por coidado de fillos, e a limitación dos contratos a tempo parcial

O hospital da Coruña realiza un avance pioneiro en España, no Hospital da Coruña.

Realizaron un transplante de corazón a un menor cunha técnica pouco invasiva, que facilita o tempo de espera ata que o paciente recibe o órgano compatible.


No tempo, volveron as altas presións, que deixan tempo seco e solleiro.

Galicia Informativos
Más opciones