Hoxe comeza unha fin de semana na que a mobilidade estará permitida en case toda Galicia, a excepción de 6 concellos que permanecen en nivel máximo. Outros 11, en nivel alto. O lusn baixarán a 9 os concellos con restricións.
Preocupa a área sanitaria da Coruña, cunha incidencia superior á media. Buscan asintomáticos cun cribado masivo, que se estenderá ó aeroporto e a estación de tren nos vindeiros días,
Esta fin de semana levarase a cabo a vacinación de 19 mil galegos en distintos puntos das 7 áreas sanitarias. Usarase Astrazeneca, A Xunta segue as recomendacións da axencia do medicamento, anque mantén vixiados ós que recibiron a inmunización dos lotes sospeitosos de causar efectos secundarios relevantes.
Os taballadores de ENCE levan hoxe as súas protestas a Madrid, onde están a ser recibidos neste momento por un representante do Ministerio de Transición. En Galicia, debate político entre PP e BNG ó respecto
Pasaron a disposición xudicial en Vigo o presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, a súa muller e a súa filla. Están acusados de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal.
O tempo. hoxe con máis frío, mañá chega unha nova fronte a Galicia que deixará ceos cubertos con chuvias. O domingo, recuperamos a influencia das altas presións.